18 de junio de 2020
A alcaldesa escoitou esta mañá as reivindicacións das persoas afectadas pola futura ampliación do Chuac
A alcaldesa, Inés Rey, acompañada do concelleiro-delegado de Urbanismo, Juan Manuel Díaz Villoslada, reuniuse esta mañá coas e cos representantes da asociación veciñal de Eirís así como coas persoas afectadas polas expropiacións de terreos para construír a ampliación do Chuac co fin de escoitaren as súas reivindicacións e comunicarlles a postura do Goberno local.
A rexedora explicoulles que apoian a situación do novo proxecto, pero tal como acordaron coa Xunta queren que se realice conforme se produzan as menores afeccións posibles para as e os residentes da zona.
Inés Rey recordoulles que o Concello defende que a localización do complexo sanitario reduza ao mínimo o impacto sobre as vivendas de Eirís e minimice as expropiacións de carácter residencial. A alcaldesa lembroulles ás e aos veciños que xunto ao firme compromiso de aminorar as afeccións no barrio o goberno que preside tamén defende a construción do hospital espello nesta contorna. Tamén se abordaron cuestións como a mellora da mobilidade coa posibilidade de implantar aparcamentos disuasorios.
Desde este apartado se puede tener acceso al texto de los convenios urbanísticos firmados por el Ayuntamiento de A Coruña con otras administraciones públicas o entidades particulares
ANUNCIO de aprobación inicial del estudio de detalle en la zona Z4-R15 (Parcelas Z4-R15L y Z4-R15P), en el ámbito del SURT 1, en San Pedro de Visma (expediente 631/2024/120).
Suspensión cautelar de licencias de parcelación de terrenos y edificación en el ámbito del plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial del estudio de detalle relativo a la parcela en la que se emplaza el actual mercado municipal de Palavea (Expediente DPE/2025/47)
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible