As tribos indias planean unirse para unha guerra total contra os brancos. Brittles, un veterano capitán de cabalería, recibe a orde de evitar as concentracións de indios, á vez que debe escoltar a esposa e a sobriña do seu comandante.
Para público en xeral
28/07/2016
Xa rematou
- xoves 22.30 h
Rógase puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
3 euros (Carné xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2 euros)
** Non se aplicará ningún desconto sen presentar o documento que acredite ser beneficiario del.
Calquera pelicula de John Ford é unha obra mestra, pero se aquí sumamos unha interpretación descomunal de John Wayne, unha fotografía humillante de Winton Hoch e un guión milimétrico de Frank S. Nugent, o resultado dispárase á estratosfera.
Director: John Ford
Intérpretes: John Wayne, Joanne Dru
Estados Unidos, 1949 - 104 min
(VOS en castelán)
Formato: DVD
* Coloquio con José Manuel López: crítico e docente cinematográfico. Fundador da revista Tren de sombras (2004-2008) e parte do consello de redacción de Caimán Cuadernos de Cine. En 2008 coordina o libro Naomi Kawase. El cine en el umbral para o Festival de Cinema das Palmas e desde 2012 imparte cursos de cinema no MARCO de Vigo e en Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago.
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle na zona Z4-R15 (Parcelas Z4-R15L e Z4-R15P), no ámbito do SURT 1, en San Pedro de Visma (expediente 631/2024/120).
Suspensión cautelar de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial PE M18 "Labañou", A Coruña (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle relativo á parcela na que se empraza o actual mercado municipal de Palavea (Expediente DPE/2025/47)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible