Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aprobación inicial estudo de detalle ctra Visma a Mazaido 2

Aprobación inicial do "Estudo de detalle na estrada de Visma a Mazaido, 2." Expediente 631/2025/43

Data:

17 de decembro de 2025

A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 17.12.2025, acordou aprobar inicialmente o documento denominado "ESTUDO DE DETALLE NA ESTRADA/NA ESTRADA DE VISMA A MAZAÍDO, 2. Novembro 2025", promovido por Eusebio Boedo Rei, e redactado polos arquitectos Ursinio Puga González e José Pajarrón López-Sors.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do chan de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu Regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou dun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará a disposición das persoas interesadas no taboleiro de edictos da sede electrónica do Concello na apartado información urbanística; na páxina web de Urbanismo no apartado de exposición pública, e no visor Desenvolvo PXOM 2013. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), de 9:00 a 13:00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 27 de decembro de 2025

O Concelleiro delegado responsable da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión