ANUNCIO dá aprobación inicial do proxecto de Reparcelamento do POL L31 "CUARTEL DE AUTOMÓBILES". Exped DPE/2026/17
1 de xullo de 2026
A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 01.07.2026, acordou aprobar inicialmente o documento denominado "Proxecto de reparcelamento do POL L31 'Cuartel deAutomóbiles' do PXOM da Coruña. Xuño 2026", co CSV 521S5P5G4A3H614817MZ, promovido polo Concello da Coruña e asinado polos arquitectos Álvaro Fernández Carballada, Beatriz Aneiros Filgueira e Laura Fernández Suárez, cos números de COAG 1047, 2137 e12752, respectivamente, e pola avogada Elena Díaz Valverde, colexiada co número 3030, todos eles pertencentes á empresa Fernández Carballada e Asociados S.L.P.
En cumprimento do disposto no artigo 106 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Chan de Galicia, e articulo 270 do seu Regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das súas publicacións deste anuncio, no Boletín Oficial da Provincia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o proxecto de reparcelamento e formular as alegacións que pocedan.
A documentación estará a disposición no taboleiro de anuncios e edictos da sede electrónicado Concello da Coruña, na apartado «Información urbanística», estando igualmente habilitado o acceso directo ao documento técnico obxecto desta aprobación a través da seguinte dirección web: https://www.coruna.gal/urbanismo/gl/informacion-enormativa/exposicion-publica.Así mesmo, poderá consultarse presencialmente nas dependencias da área de Planificación Estratéxica do Concello da Coruña, situadas no Palacio Municipal de María Pita (praza de María Pita, 1), de 9:00 a 13:00 horas, de luns a venres, mediante cita previa, que deberá solicitarse no teléfono 981 18 42 00, extensión 10241.
A Coruña, 8 de xullo de 2026
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable das Áreas de Economía e Planificación Estratéxica
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de suspensión cautelar de tramitación de instrumentos de plan e otorgamiento de licenzas de parcelación de terreos e edificación no ámbito do plan especial de Labañou (Expediente 631/2024/246)
ANUNCIO de aprobación inicial do Estudo de Detalle na parcela 5D da rúa Emilio González López, polígono dos Rosales, (expediente 631/2026/26).
ANUNCIO dá aprobación inicial do proxecto de Reparcelamento do POL L31 "CUARTEL DE AUTOMÓBILES". Exped DPE/2026/17
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible