Concello da Coruña

Concello da Coruña

EDD_5_23 Aprobación inicial estudo de detalle R17L Z4 S Pedro Visma

Data:

27 de agosto de 2025

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle da mazá Z4-R17L Zona Z4, Parcela R17L, SURT 1 San Pedro de Visma, A Coruña (expediente 631/2023/156).

A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o 27.08.2025, acordou aprobar inicialmente o documento denominado "Estudo de detalle da mazá Z4-R17L Zona Z4, Parcela R17L, SURT 1 San Pedro de Visma, 15191, A Coruña. Xullo 2025", promovido por Metrovacesa S.A. e redactado Álvaro Romeu Arquitectos S.L, sociedade profesional colexiada co Nº 20084 do COAG, e asinado polos arquitectos representantes Álvaro P. Romeu Gil-Delgado e Hugo Romeu Novás, cos números de colexiados 979 e 4654, respectivamente.

En cumprimento do disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do chan de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu Regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou dun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará a disposición no taboleiro de edictos da sede electrónica do concello na apartado información urbanística; na páxina web de Urbanismo no apartado de exposición pública, e no visor "Desenvolvemento do Plan". Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), de 9:00 a 13:00 horas, de luns a venres.

A Coruña, na data da firma electrónica deste documento

O Concelleiro delegado responsable da área de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda

Convenios urbanísticos

Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.

Convenios urbanísticos

Documentos en exposición pública

Exposición pública

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión