O sistema de compensación é un sistema de actuación indirecto para a execución de polígonos en chan urbano non consolidado e en chan urbanizable.
Son os propietarios do ámbito os que, de forma conxunta e solidaria realizan todas as accións que leva a urbanización, achegan os terreos de cesión obrigatoria, realizan as obras de urbanización e infraestruturas e custean os gastos que ditas obras levan na parte proporcional á superficie da súa concreta parcela; a través do proxecto de compensación adxudícanse os propietarios o aproveitamento susceptible de apropiación privada correspondente ao chan que achegan.
Os propietarios do polígono han de constituírse en Xunta de Compensación para cumprir solidariamente os deberes inherentes á execución do plan, equidistribución, cesión e urbanización, pero tamén para alcanzar de forma conxunta o dereito ao aproveitamento urbanístico que lles corresponda. É necesario que os propietarios que representen o 50% da superficie do polígono presenten un proxecto de Estatutos e Bases de actuación, no prazo de tres meses desde a aprobación definitiva do plan que conteña a ordenación detallada.
Onde se fai?
Documentos relacionados
Desde este apartado pódese ter acceso ao texto dos convenios urbanísticos asinados polo Concello da Coruña con outras administracións públicas ou entidades particulares.
ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle no Complexo Deportivo Agra I e no IES Agra do Orzán (expediente 631/2025/165).
ANUNCIO de aprobación inicial do Estudo de Detalle para a ampliación do CIFP Paseo dás Pontes. (expediente 631/2026/1).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible