Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cooperación

En que consiste?:

É un sistema de actuación directo no que é a Administración a que leva a cabo as operacións de distribución de beneficios e cargas a través do Proxecto de Reparcelamento, así como a execución das obras de urbanización aínda cando o seu custo corre a cargo das persoas propietarias en función dos dereitos adxudicados; así é pois a Administración municipal quen xestiona a actuación executando a urbanización dos terreos por conta das persoas propietarias que manteñen a titularidade privada deles. O Concello asume por tanto o papel de urbanizador e as persoas propietarias actúan como axentes urbanísticos, ben como simples propietarias ben constituíndo unha asociación administrativa de cooperación.

A quen vai dirixido?:

O sistema aínda que lle outorga protagonismo á Administración pública establécelles unha canle de participación ás persoas particulares, e concédelles a posibilidade ás persoas propietarias que representen o 25% da superficie do polígono para presentar o Proxecto de equidistribución, ou ben constituírse nunha asociación administrativa de propietarios, que terá como finalidade colaborar na execución das obras de urbanización, así como no que demande o municipio.

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

Documentos que ten que conter un Proxecto de Reparcelamento:

  • Memoria: descrición do polígono, xustificación do reparcelamento, criterios de valoración das parcelas adxudicadas e das indemnizacións e criterios de adxudicación.
  • Relación de persoas propietarias e interesadas con expresión da natureza e contía do seu dereito.
  • Proposta concreta de adxudicación que constitúe o contido esencial do proxecto: proposición de adxudicacións e correspondentes compensacións sustitutivas ou complementarias por diferenzas de adxudicación en correspondencia coas respectivas achegas de conformidade cos criterios previstos na memoria.
  • Taxación dos dereitos, edificacións, construcións ou plantacións para extinguir ou destruír co obxecto de determinar a contía dos gastos de urbanización así como as indemnizacións ás persoas propietarias.
  • Conta de liquidación provisional, a distribución dos custos de urbanización farase en proporción ao valor dos predios que sexan adxudicados no reparcelamento.

Internet

Teléfono

Máis información:

A documentación pódese presentar ademais de na Área de Urbanismo en calquera outro rexistro municipal, así como en todos aqueles que establece o art. 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Documentos relacionados

  • mod 001 solicitude xeral (65 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión