23 de abril de 2015
A pista Cruyff Court de Novo Mesoiro é unha pista de fútbol de herba artificial que o día 30 de abril acollerá a realización do 2º Trofeo Cruyff Courts na modalidade de 6 contra 6 xogadores.
O torneo dispútase en dúas categorías, fútbol masculino e fútbol feminino, para mozos e mozas nacid@s entre o 1 de xaneiro do 2003 e o 31 de decembro do 2004 (entre 11 e 12 anos). O modo de inscrición é moi sinxelo, pois só necesitades xuntar un mínimo de seis xogadores (máximo ata 8) e un responsable que sexa maior de idade e que faga de delegado para poder participar. A participación é gratuíta e podedes descargar o boletín de inscrición que figura no pé da noticia. Ademais podedes consultar máis información na web www.cruyff-foundation.org
O 2º Trofeo Cruyff Courts 6 vs 6 é un campionato que conecta a todos os Cruyff Courts do mundo e que lles permite aos gañadores desta segunda edición loitar polo campionato nacional que se realiza o 17 de maio na localidade de Igualada (Cataluña), e poida que mesmo a nivel internacional no Campionato do Mundo que se disputará o 21 de xuño!
Ademais do aspecto puramente deportivo, o torneo aséntase nuns principios básicos que todas as persoas participantes deben asumir como propios, son as 14 regras establecidas por Johan Cruyff, que se aplican en todos os Cruyff Courts do mundo e que podedes consultar nos boletíns de inscrición. O respecto, unha das 14 regras de Johan Cruyff, é fundamental para o campionato.
Anímate e participa!, poñédevos de acordo un mínimo de seis amig@s e vivide unha experiencia nova, divertida e educativa. O prazo de inscrición finaliza ás 13.00 horas do día 29 de abril do 2015. As prazas están limitadas a 16 equipos por categoría, polo que de haber máis inscritos que prazas realizarase un sorteo entre todas as persoas participantes.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible