23 de febreiro de 2022
Cámbiase a efeméride da autora tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real de nacemento
O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego. Unha data que ata agora, e ante o descoñecemento do día exacto do nacemento da poeta, celebrábase o 24 de febreiro, día en que recibiu o bautismo. Esta efeméride adiántase un día, ao 23 de febreiro, tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real de nacemento.
Foi a investigadora galega Sagrario Abelleira quen revelou o pasado ano unha nova documentación que acredita a data de nacemento real nese día, e dá a coñecer ademais datos inéditos sobre a vida da nosa autora máis recoñecida e da do seu home, Manuel Murguía. Toda esta información quedou recollida na publicación Rosalía e Murguía: datos, datas e documentos (1851-1858).
Desde o Servizo Municipal de Educación queremos convidarvos a renderlle homenaxe á autora galega lendo e poñendo en valor a súa obra.
Amplía a información sobre a auténtica data de nacemento de Rosalía de Castro aquí.

12 de decembro de 2025

8 de decembro de 2025

6 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible