Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xuño de 2026

A Casa Museo Picasso acolle a exposición ‘Viaxe ao Mictlán’, do fotógrafo Xan Quintana Urzainki

O autor presenta unha obra sobre memoria, identidade e transformación a través da fotografía

A Casa Museo Picasso abre este martes a súa nova exposición 'Viaxe ao Mictlán' do fotógrafo Xan Quintana Urzainki. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu o acto de apertura e destacou "a vontade da nosa alcaldesa, Inés Rey, para encher os espazos culturais de mostras de gran valor artístico coma esta". A mostra permanecerá aberta e con entrada libre ata o 1 de agosto.

Xan Quintana Urzainki presenta unha obra sobre memoria, identidade e transformación a través da fotografía. Segundo a mitoloxía mexicana, o Mictlán ou lugar dos mortos é o mundo onde van parar as ánimas dos defuntos despois da vida. Ao contrario que o inferno na tradición cristiá, o Mictlán non é un lugar de castigo nin de sufrimento, é máis ben un lugar de transformación onde as ánimas se van purificar e alixeirar antes de poderen alcanzar a paz ou descanso eterno.  Ao chegaren ao Mictlán, as ánimas, desorientadas e atemorizadas ante o descoñecido, son agardadas por un pequeno can de pel escura e sen pelo que as acompañará e guiará no seu periplo polo inframundo.

Esta obra está fortemente marcada pola súa estancia en México, país ao que chegou en 2006 e onde permaneceu durante anos, unha etapa que influíu de maneira decisiva na súa mirada e no seu desenvolvemento creativo. Neste sentido, Xan Quintana Urzainki pode ser considerado un creador que traballa desde o autobiográfico, cunha perspectiva reflexiva sobre o paso do tempo e a experiencia vital.

A través das súas fotografías, Quintana Urzainki propón ao público un exercicio de introspección: un convite a confrontarse coa propia sombra, a desprenderse das máscaras e a emprender un proceso de cambio persoal. A viaxe convértese así nun elemento central, entendido non só como desprazamento físico, senón como experiencia transformadora na que o individuo que regresa xa non é o mesmo que partiu. En última instancia, a obra tamén abre unha reflexión arredor do misterio da morte e da súa relación inseparable coa vida, presentándoa non como un final, senón como parte dun ciclo continuo de transformación e renacemento.

Co seu traballo, Xan Quintana Urzainki consolídase como unha voz singular na fotografía contemporánea xunto a súa obra "De donde no se vuelve" (2024), un fotolibro que recolle a súa experiencia vital e creativa en México e ofrece unha reflexión profunda sobre a memoria, a identidade e a transformación persoal.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión