17 de novembro de 2016
O concelleiro José Manuel Sande presentou a iniciativa, “que conta co apoio do Goberno local na súa aposta pola igualdade como eixe vertebrador da acción”, e que terá lugar no Pazo dos Deportes de Riazor desde as 12.00 horas
O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou esta mañá no Pazo de María Pita a 20ª edición dos Xogos Autonómicos de Baloncesto para persoas con discapacidade intelectual, unha competición que terá lugar este domingo, día 20 de novembro, no Pazo dos Deportes de Riazor, e na que se darán cita 246 deportistas de toda Galicia. O edil saudou a iniciativa, "unha proposta que entende e aposta, como o Goberno local, polo deporte como vehículo de plena integración social". "Esta iniciativa encaixa na liña que se vén desenvolvendo nos últimos meses, na que a igualdade é un eixe transvesral na acción de Goberno e que, na práctica, compróbase coa apertura das carreiras Coruña10, Coruña21 e Coruña42 ás e aos atletas con cadeira de rodas; a ampliación de activides e adaptación das nas Escolas Deportivas Municipais, ou o impulso do programa programa Deporte Solidario e Inclusivo promovido polo Concello e Fundación Emalcsa", afirmou Sande, quen destacou o apoio do executivo coruñés a outras iniciativas a Carreira Alternativa, a II Marcha sobre Rodas ou o proxecto ENKI". "O acceso á práctica deportiva é un elemento clave para a integración das persoas con diversidade funcional como cidadanía de pleno dereito", incidiu.
A competición está organizada pola asociación Special Olympics Galicia en colaboración da Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do desenvolvemento, FADEMGA Plena Inclusión Galicia e a entidade ASPRONAGA, e conta co apoio do Concello da Coruña. En total, estes Xogos contarán coa participación de 246 deportistas con discapacidade intelectual --27 da Coruña, das entidades Aspronaga e Adcor-- e 59 adestradores, ademais de 70 persoas voluntarias que apoiarán ás e aos deportistas no desenvolvemento do torneo en Riazor.
A inauguración dos Xogos Autonómicos terá lugar ás 10.45 horas e, ás 12.00 horas, comezará a competición, na que haberá ata cinco niveis de xogo en equipo en función do coñecemento tanto da normativa e da súa aplicación, como do nivel da técnica indiviual dos seus membros. Unha vez sexan clausurados, ás 19.00 horas, procederase á entrega do Premio ás Boas Prácticas no Deporte, "unha iniciativa que concorda coa visión do deporte que ten o Goberno local", explicou Sande. "Esta proposta incide nos valores positivos, de solidariedade, respecto que impulsamos, por exemplo, tamén desde o programa municipal de Xogos Escolares", sinalou o concelleiro, "que abriu a semana pasada a súa inscrición e que, ao final de curso, entregará o recoñecemento ao Xogo Limpo aos equipos mellor valorados, como nesta competición do domingo, en canto á nobreza no xogo e compañeirismo do alumnado nos torneos, así como o respecto ao cumprimento tanto da normativa como ás e aos demais participantes".

11 de decembro de 2025

5 de decembro de 2025

3 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible