Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de maio de 2017

A Coruña acollerá esta fin de semana o Campionato Europeo de Judo Junior, “que dá mostra da proxección da cidade neste deporte”

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, destacou que o evento, que atraerá a deportistas de 20 países distintos, dá mostra “do potencial desta cidade no judo, así como do fomento da súa práctica e valores”

A Coruña acollerá esta fin de semana no Coliseum a sexta Copa de Europa Júnior de Judo, organizada polas federacións galega, española e europea de Judo e que contan co patrocinio do Concello da Coruña, a Deputación provincial e a Secretaría Xeral para o Deporte. En rolda de prensa, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, destacou a importancia da celebración deste evento na cidade, "mostra do seu potencial neste deporte e reflexo do fomento da súa práctica e os seus valores dende idades temperás a través das escolas deportivas". Ademais, o edil manifestou que a celebración deste campionato poderá reportar un retorno produtivo á cidade, ao haber inscritas xa máis de 120 mulleres e 180 homes de 20 países distintos entre os que se contan, ademais do Estado español, Andorra, Bélxica, Costa Rica, Croacia, República Checa, Dinamarca, Finlandia, Francia, Gran Bretaña, Alemaña, Israel, Italia, Noruega, Portugal, Puerto Rico, Romanía, Rusia, Suecia e Tajikistan. O evento contará coa participación de 30 judokas de Galicia (19 da provincia e 16 da cidade).

Sande destacou que este evento deportivo "é de especial proxección e significación para a cidade", e virá acompañado nas próximas datas da celebración, tamén no Coliseum, do histórico trofeo Miguelito de Judo. Por outro lado, segundo destacou Miguel Muzas, presidente da Federación Galega de Judo, o campionato foi seleccionado pola Federación Internacional de Judo para a formación de 12 deportistas de elite para a súa promoción como árbitro internacional. Na rolda de prensa tamén estiveron presentes Eduardo Galán do Judo Club Coruña e Roberto García, xefe de Deportes da provincia da Coruña na Xunta de Galicia.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión