17 de agosto de 2026
As actuacións se levarán a cabo os días 1, 2 e 3 de outubro no planetario da Casa das Ciencias, na capela de San Eduardo de Palavea e no CEI Coruña Estudo Inmersivo, na Cidade das TIC
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou hoxe o 9º Encontro de Síntese Modular da Coruña, un amplo ciclo de concertos de música electrónica que se levará a cabo os días 1, 2 e 3 de outubro na cidade como parte do festival Modulartec. Esta cita, que leva desenvolvéndose desde 2017, é un dos eventos de referencia no xénero, e este ano ofrecerá un programa que suporá un salto cualitativo pola variedade dos e das artistas e os seus estilos. O concelleiro estivo acompañado polo director do festival, Ricardo Ramos.
O festival conta co apoio do Concello, como parte da política de dinamización cultural do Goberno de Inés Rey, que ten como obxectivo ofrecerlle unha programación o máis variada posible á cidadanía durante todo o ano. "A Coruña é unha cidade cosmopolita e moderna cunha potencia cultural cada vez máis grande. Por iso somos unha casa para todas as escenas musicais de vangarda. A creatividade está presente a diario neste cidade e creo que nos últimos anos estamos a converternos nun referente nacional e internacional. Experiencias como o Modulartec contribúen a seguir a potenciar esta imaxe", subliñou Gonzalo Castro.
Os encontros divídense en tres escenarios de primeira categoría. O xoves, 1 de outubro, as actuacións de Waje Martin e Oliver García levaranse a cabo no planetario da Casa das Ciencias a partir das 21.00 horas. O venres 2, será o turno de Polifeme, Emil Saiz, MFDR, Xoan Xil e Ivan Torres, a partir das 18.00 na capela de Santo Eduardo de Palavea. O sábado 3, actuarán no CEI Coruña Estudo Inmersivo, na Cidade das TIC, a partir das 16.00, Oh Mr. James, O Yuki Conjugate, MSB, Robert Leiner, Alain Weirgfosse, Javier Hernando e Ángel Lalinde.

17 de agosto de 2026

17 de agosto de 2026

16 de agosto de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible