17 de agosto de 2026
O número total de prazas para todo o curso tamén ascende a 11.205
A dotación da partida aumenta ata os 279.642 euros para reforzar os programas públicos ofrecidos á cidadanía
O Concello adxudicou o contrato para o Programa de Lecer Cultural do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), que ofrecerá un servizo reforzado de actividades adaptadas a diferentes públicos durante todo o ano. O investimento para este curso aumenta substancialmente e chega aos 279.642 euros, dobrando a contía previa, un desembolso que busca blindar e ampliar a prestación municipal. Esta programación forma parte das políticas públicas de dinamización cultural e lúdica promovidas polo Goberno de Inés Rey, que busca promover un modelo de entretemento sostible, inclusivo e accesible para toda a cidadanía. O número total de prazas para as persoas usuarias tamén aumentará, situándose nas 11.205, un milleiro máis que o ano pasado.
"Neste Goberno cremos que todo o mundo ten dereito a gozar dunha oferta pública de actividades de calidade, por iso o Concello pon todos os recursos ao seu alcance para ofrecerlle a mellor programación á cidadanía, aumentando o investimento, o persoal e as prestacións deste servizo", subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.
No contrato, adxudicado á empresa Sportmadness Eventos, SL, inclúese un contido moi variado como obradoiros, programas de lecer de outono e primavera, os campamentos de Nadal e verán, as actividades de clausura, os obradoiros monográficos e o programa de sendeirismo. O persoal profesional a cargo das actividades tamén aumentará. Haberá 9 monitores que ademais terán formación especializada en Necesidades Educativas Especiais (NEE). En total, o programa incluirá o desenvolvemento de 27 talleres -incluídos 4 talleres específicos para maiores-, 12 sesións de outono e 14 de primavera dos ciclos temáticos -con relatores e relatoras en todos os encontros-, 20 excursións urbanas e 20 saídas exteriores, unha programación de senderismo con 20 rutas para adultos e 9 para nenos e nenas -clasificados segundo a dificultade e duración- e unha oferta de campamentos estruturada por grupos de idade e diferentes temáticas. Ademais, o elemento da identidade coruñesa será central na planificación, promovendo unha forma de lecer pegada ao territorio.
Outro dos puntos reforzados no contrato é a blindaxe das condicións laborais do persoal empregado. Así, establécese no acordo que calquera incumprimento das obrigas salariais ou de Seguridade Social -xa sexa un atraso puntual duns días ou unha falta de pagamento - tipificarase directamente como infracción moi grave dentro do réxime de penalidades do contrato, o que implica que, cada vez que se produza este tipo de incumprimento, resulta de aplicación a penalidade máxima prevista pola lei: un 10% do prezo do contrato, IVE excluído ou incluso motivo de activación da cláusula de resolución do contrato.

16 de agosto de 2026

16 de agosto de 2026

15 de agosto de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible