Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de maio de 2015

A Coruña realiza o domingo o evento deportivo España móvese

Trátase dunha xornada lúdica e deportiva organizada polos Centros Supera e auspiciado polo Consello Superior de Deportes coa colaboración do Concello coruñés

O Concello da Coruña, a través da Área de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa da realización, o vindeiro domingo 17 de maio, do evento lúdico e deportivo España móvese, que se realizará durante toda a mañá na explanada do Parrote.

Trátase dunha actividade organizada polos Centros Supera e auspiciado pola Fundación Deporte Xove do Consello Superior de Deportes que busca promover a actividade física por toda a xeografía española a través dunha serie de xornadas deportivas gratuítas.

Deste xeito, toda a cidadanía que o desexe poderase sumar a esta iniciativa facendo deporte e exercicio xunto cos seus familiares e amigos á vez que descobren que coidarse non ten por que ser un sacrificio. Masterclass de diversas disciplinas, torneos deportivos, retos espartanos, xogos deportivos familiares, actividades para nenos e adestramentos e talleres específicos dotarán de contido a unha xornada que pretende animar a todos os coruñeses e coruñesas a erguerse da cadeira e gozar da práctica deportiva lúdica.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión