Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xuño de 2023

A Coruña impulsa a promoción do Camiño Inglés, un dos principais reclamos turísticos da cidade

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés confirma que a VII Edición da Feira Primavera no Camiño poderá ter lugar na Coruña

O Concello da Coruña participa na Primavera no Camiño, que terá en Abegondo, para promocionar o Camiño Inglés. Cunha caseta propia nesta feira, o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña ofrece aos visitantes información sobre esta ruta de peregrinación a Compostela na que esta cidade atlántica xoga un papel fundamental. A Asociación de Concellos do Camiño Inglés confirma que na 2024 VII Edición de Primavera no Camiño poderá ter lugar na Coruña. Ademais, a Confederación de Axencias de Viaxes de España comprometeuse con Turismo da Coruña para facer o Camiño Inglés o próximo ano, na primavera de 2024.

Impulsar o Camiño Inglés desde A Coruña é o obxectivo fundamental. Este itinerario parte desde o balcón Atlántico ata a Catedral de Santiago. Unha gran parte dos romeiros con destino a Compostela chegaban por mar, gran parte deles procedentes do norte de Europa, por iso o porto da Coruña foi sempre fundamental no tráfico xacobeo. O Concello da Coruña forma parte da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a feira promocional terá lugar en Beche (Abegondo), na Explanada do Encoro de Beche.

Atractivo turístico

O peregrino inglés William Wey, fundador do Eton College de Windsor, foi un dos principais divulgadores deste itinerario, describindo A Coruña como punto de confluencia de barcos chegados de Inglaterra, Gales, Irlanda, Normandía, Francia ou Bretaña: porta de entrada de camiñantes de distintas procedencias. A ruta comeza na Igrexa de Santiago, pasa por María Pita, segue pola Mariña, praza de Ourense, Catro Camiños e avenida de Monelos cara a Eirís, ata cruzar a Culleredo e seguir, 68 quilómetros, cara a Santiago.

Feira en Abegondo

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión