Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de xaneiro de 2026

A mostra ‘Seoane & Darwin: O naturalista Seoane e o darwinismo a fins do século XIX’ abre ao público en Salvador de Madariaga

A exposición explora a relación entre Víctor López Seoane e o célebre científico inglés a través das súas correspondencias e outros documentos de interese

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu esta tarde a apertura ao público da mostra ' Seoane & Darwin: O naturalista Seoane e o darwinismo a fins do século XIX'. A exposición está organizada polo Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide e conta co apoio do Concello. A entidade estivo representada pola súa directora, Ana Romero.

"Poñer en valor o traballo levado a cabo polos máis ilustres coruñeses e coruñesas é darlles espazos coma este para que a cidadanía poida coñecer en profundidade a súa obra. A nosa alcaldesa, Inés Rey, é coñecedora do papel do Instituto Cornide para lograr dita divulgación, e por iso encomendou entre as súas accións políticas a celebración de eventos coma este", indicou Gonzalo Castro. A mostra sitúanos nos intercambios científicos entre o naturalista galego Víctor López Seoane e o científico inglés Charles Darwin centrados na cuestión da evolución das especies, teoría defendida polo inglés e que deu lugar a múltiples debates nos ámbitos científico-filosófico-político e teolóxico.

Con motivo do 125 aniversario do pasamento de Víctor López Seoane, o Instituto Cornide, depositario do legado do naturalista, conmemora con esta exposición o labor científico desenvolvido a través das publicacións, catálogos e inventarios de anfibios, reptiles, insectos e aves. Estes estudos levaron a Víctor López Seoane a consultar algunhas dúbidas ao científico inglés, Charles Darwin, a través dunha correspondencia por parte do galego ao inglés, que foi inmediatamente respondida. Esto permítenos conservar a única carta dirixida polo naturalista inglés a un colega español, tratando de cuestións científicas.

O naturalista galego converterase nun dos grandes defensores das teses evolucionistas mantidas por Darwin. Ademais da correspondencia con Darwin, na biblioteca de Seoane aparecen varias publicacións dedicadas por Ernst Haeckel, científico encargadado de liderar en Europa a Teoría Darwinist

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión