Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2026

A próxima demolición do mercado de Palavea abre camiño á creación da nova biblioteca municipal do barrio

O Concello prevé destinar algo máis dun millón de euros á construción do novo equipamento sociocultural, que incluirá unha aula de informática

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores a adxudicación dos traballos de demolición do antigo mercado municipal de Palavea, que executará a empresa Demoliciones Coruña.

Esta medida supón, na práctica, a primeira fase que precede a construción da aula de Informática e a biblioteca municipal do barrio, "un novo equipamento sociocultural concibido para revitalizar Palavea e darlles resposta ás demandas e necesidades da veciñanza", tal e como expresou o edil José Manuel Lage.

Esta nova instalación executarase nunha segunda fase, para a cal o Concello ten previsto investir case un millón de euros. Neste sentido, o Pleno municipal aprobou, en marzo deste ano, o estudo de detalle da nova biblioteca, un paso clave para que a súa creación sexa unha realidade a medio prazo.

2 millóns anuais para a conservación da rede municipal de saneamento

Noutra orde de asuntos, esta mañá aprobouse a saída a concurso dun dos contratos máis importantes en materia de infraestruturas municipais: o servizo de mantemento da rede de saneamento.

"Desde o pasado mandato, o Goberno de Inés Rey está impulsando un plan de mellora das canalizacións de saneamento en todos os distritos da cidade, renovando os materiais das tubaxes para facer que a rede sexa máis moderna e máis segura fronte a fugas de augas, tamén dotando de rede separativa a rúas e núcleos residenciais da cidade que ata agora non a tiñan. Hoxe, iniciamos o proceso de licitación do contrato necesario para a conservación destas infraestruturas", indicou Lage.

O Concello destinará case 4 millóns de euros a esta finalidade nos vindeiros dous anos. O contrato será susceptible de ampliación por outras tres anualidades.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión