2 de maio de 2026
A programación inclúe cinco actividades para estudantes e público xeral sobre temas como a ciencia, a psicoloxía ou a filosofía
A UNED da Coruña organiza no mes de maio varios ciclos de charlas divulgativas e actividades tanto para o alumnado como para o público xeral. O Concello colabora con esta entidade como membro do Consorcio Universitario do Centro Asociado, órgano a través del cal realizou este ano unha aportación de 70.000 euros para o desenvolvemento da vida académica e educativa e contribuír ao sostemento económico da institución e manter o desenvolvemento de actividades nas instalacións.
A programación de actividades na UNED é a seguinte:
4 e 5 de maio. UNED Avanza. I Xornada de Ciencia, Coñecemento e Innovación. Coas charlas. "Algunas innovaciones históricas en las telecomunicaciones" (día 4 ás 16.30); "Identificando riesgos en tiendas online, correos, SMS y llamadas fraudulentas" (día 4 ás 18.30); "Taller RE-Write: una app para la escritura en inglés a través de géneros textuales" (día 5 ás 16.15) e "ChatGPT sin filtros: cómo sacarle ventaja real a la IA (más allá del hype" (día 5 ás 18.00).
5 de maio (19.00). Ciclo de Conferencias Martes en la UNED: "Comprendiendo la autolesión. Más allá de la conducta".
7 de maio (17.00). "Encuentro filosófico. Creencia y realidad: Un diálogo con la antropología de Ortega".
11 a 13 de maio (16.30). "Régimen general de extranjería. Un año del reglamento".
21 de maio (19.00 horas). Fundación Nortempo: Recursos e programas reais para atopar emprego.
As actividades teñen tanto modalidade presencial nas instalación da UNED da Coruña como telemática, e é necesaria inscrición previa. "O Goberno de Inés Rey ten o compromiso de promover o ensino púbico para todas as idades, e todas as entidades que contribúen á mellora da nosa sociedade mediante a formación saben que poden contar co apoio municipal", indicou o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.

23 de abril de 2026

22 de abril de 2026

22 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible