Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xuño de 2026

A Xunta de Goberno aproba a saída a contratación das obras de construción da nova biblioteca municipal e aula TIC de Palavea

O Concello destinará 1,2 millóns de euros á intervención no soar que actualmente ocupa o antigo mercado do barrio

Este mércores, o Concello deu un novo pulo á primeira fase do Plan de Barrios 2025-27, un proxecto de transformación urbana concibido como unha folla de ruta a curto, medio e longo prazo para dar resposta ás melloras e necesidades detectadas en cada un dos dez distritos da cidade.

Neste sentido, hoxe aprobáronse investimentos por valor de 2,1 millóns para executar actuacións en Palavea, Lonzas, Castrillón e o Ensanche. Así o notificou esta mañá o voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, tras a sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local, que detallou máis polo miúdo as intervencións previstas.

A primeira delas, a construción da biblioteca municipal e aula TIC de Palavea, que se edificará sobre a superficie que actualmente ocupa o antigo mercado municipal do barrio, que será demolido como paso previo á creación do novo equipamento sociocultural. "Imos investir 1,2 millóns de euros para facelo e, desta forma, cumprir cun dos compromisos que asumiu o Goberno de Inés Rey con Palavea", indicou o concelleiro.

Tamén che pode interesar

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión