Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de xaneiro de 2026

Aberto o prazo de confirmación e novas inscricións para participar no programa "XXXV Mostra de Teatro Escolar"

Os grupos e centros xa inscritos deberán confirmar a súa participación no programa antes do 27 de febreiro. Ademais, tamén poderán inscribirse novos grupos.

O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña abriu hoxe, 8 de xaneiro de 2026, o prazo de confirmación de participación e novas inscricións no programa educativo municipal " XXXV Mostra de Teatro Escolar 2025-26 ".

Os grupos e centros que xa se inscribiron durante o prazo ordinario, que finalizou o pasado 15 de decembro, deberán confirmar a súa participación no programa a través da ficha de solicitude específica, actualizando os seus datos (título da obra, número de participantes, acompañantes...). Ademais, poderán inscribirse novos grupos que non o fixeron anteriormente. A data límite, tanto para a confirmación como para as novas inscricións, será o día 27 de febreiro.

XXXV Mostra de Teatro Escolar

Dirixido a grupos de teatro escolar dos centros educativos do Concello da Coruña, este programa busca potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado dos centros do concello, mediante representacións teatrais en diferentes escenarios. Deste xeito, búscase tamén fomentar a convivencia entre os grupos participantes.

Cada grupo representará a súa obra no seu centro e noutro centro da mesma etapa educativa, recibindo ao grupo de teatro dese centro e actuando así como grupo anfitrión e grupo visitante. As obras de teatro poderán ser representadas en horario escolar ou extraescolar e levarán a cabo entre o 16 de marzo e o 15 de maio de 2026.

Cada centro poderá participar cun máximo de 3 grupos de Educación Infantil e Educación Primaria, e 2 de Educación Secundaria.

A selección dos grupos participantes realizarase por rigorosa orde de entrada da solicitude por centro, de tal maneira que, se se superan as previsións dun máximo de 30 grupos, a prioridade establecerase por centros, é dicir, se un centro presenta varios grupos a prioridade será a participación do maior número de centros posibles fronte ao maior número de grupos por centro.

Máis información: XXXV Mostra de Teatro Escolar 2025-26

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión