24 de xaneiro de 2023
O prazo de inscrición estará aberto desde o 25 de xaneiro ata o 7 de febreiro, ambos os días incluídos.
Xa está aberto o prazo de inscrición para as solicitudes de participación no programa Idiomas do Mundo 2023, que lle ofrece a oportunidade ao alumnado que cursa 1.º de bacharelato o presente curso 2022-23 de realizar unha actividade de inmersión lingüística no verán para mellorar a súa competencia en idiomas estranxeiros.
A convocatoria establece un mínimo de dez estancias durante catro semanas, preferentemente no mes de xullo, en Irlanda, Francia e Portugal, para polo menos un total de trinta entre os tres destinos.
Requisitos
Para poder participar no programa débese:
O alumnado seleccionado poderá ser beneficiario dunha subvención total ou parcial en función das circunstancias económicas familiares, segundo unha táboa que figura nas bases do programa. O importe do custo/praza está aínda por determinar, pendente da adxudicación do contrato de xestión actualmente en licitación. En todo caso o limiar máximo será o seguinte:
A baremación das solicitudes realizarase de acordo coa nota media obtida en 4.º de ESO, ata un máximo de 6 puntos, de tal maneira que se a nota media é superior a 7 e igual ou inferior a 8 outorgaranse 2 puntos; se é superior a 8 e igual ou inferior a 9, serán 4 puntos, e se é superior a 9, serán 6 puntos. A cualificación de lingua estranxeira estará valorada en 3 puntos se é superior a 8 e igual ou inferior a 9, e de 6 puntos se é superior a 9.
Cando se acredite a existencia dunha situación de discapacidade da persoa solicitante nun grao igual ou superior ao 33% outorgaránselle 2 puntos na baremación.
A renda económica familiar non será baremada, aínda que permitirá establecer a porcentaxe de subvención por parte do concello e a achega que terán que realizar as persoas solicitantes en caso de non ser beneficiarias dunha subvención total.
A inscrición terá que ser realizada a través de calquera dos rexistros municipais (María Pita, Franxa, Fórum Metropolitano, Ágora e Centro Cívico de Mesoiro) solicitando cita previa, no rexistro telemático da sede electrónica municipal ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2012, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para formalizar a ficha de inscrición será necesario achegar toda a documentación, recollida nas bases que se poden consultar nesta páxina web.
Contacto
Correo: educación@coruna.es
Tel.: 981 184 200, extensión 12114
10 de maio de 2024
7 de maio de 2024
2 de maio de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible