Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de abril de 2023

Allez, Allez...! Un concerto do cancioneiro popular dos refuxiados nos campos de concentración franceses

O venres 14 de abril ás 19.30 horas no Museo Casares Quiroga da Coruña.

Luisa e Cuco Pérez ofrecerán un concerto organizado polo Concello da Coruña no que, desde unha perspectiva diferente, contarán a historia da súa familia que, como tantos outros españois, viuse obrigada a emprender unha viaxe a outras terras, fuxindo da guerra.

En febreiro de 1939, a súa nai, tíos e avós cruzaron os Pireneos a pé buscando un lugar onde sobrevivir. Aproximadamente medio millón de españois cruzaron a fronteira con Francia ese ano, e o éxodo masivo ao que se uniron chamábase "A Retirada". Os irmáns Pérez, motivados por unhas cancións que lles transmitiu a súa nai, decidiron recuperar as que aínda quedaban na memoria dos case centenarios superviventes dos campos de concentración franceses, e nos últimos anos realizaron un traballo de investigación no que recolleron, de viva voz, unha ducia de cancións dos protagonistas deste tráxico episodio da nosa historia.

Este traballo culmina coa publicación dun libro-disco no que, ademais de dar a coñecer estas cancións e o momento histórico no que se compuxeron, explican como levaron a cabo este proxecto. Enriba do escenario, Luisa e Cuco Pérez debuxan estas cancións, ilustrando o percorrido da súa familia con imaxes e obxectos que gardaron ao longo dos anos, e conseguen poñer ao público na pel de todos aqueles que tiveron que marchar de España.

O concerto será na Casa Museo Casares Quiroga, na Coruña, e leva por título "Allez, allez...!", palabras que repetían constantemente os xendarmes e gardas senegaleses nos campos de concentración onde recluían aos exiliados españois que cruzaban a fronteira francesa.

Documentos relacionados

  • Cartel concerto Allez, allez...! (1 MB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión