22 de abril de 2026
Estas actuacións forman parte dun plan de intervencións ambicioso co que preservar e mellorar tanto o faro milenario como a súa contorna
Este mércores deron inicio as obras de acondicionamento dos sendeiros do Espazo Natural de Interese Local (ENIL) da Torre de Hércules. Unhas actuacións que forman parte dun plan de intervencións ambicioso co que preservar e mellorar tanto o faro milenario como a súa contorna.
"Estas actuacións nos camiños que percorren a contorna dun símbolo do noso patrimonio como é a Torre de Hércules eran necesarias e con elas pretendemos non só mellorar a accesibilidade e seguridade da cidadanía e das persoas visitantes ao faro e arredores, senón tamén poñer en valor a flora e fauna que o conforman", destaca o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro. Tamén se levarán a cabo melloras nas condicións de iluminación da Torre para a redución de consumo e unha óptima eficiencia enerxética.
As obras de mellora que se están acometendo no ENIL están integradas nun paquete de intervencións impulsado conxuntamente polo Concello e a Xunta, cun investimento global de case un millón de euros e co financiamento de fondos Next Generation.
Este mércores tamén abre ao público, e de xeito provisional, a Torre de Hércules. As entradas poden mercarse no Centro de Información Ao Visitante (CIAV) e na propia páxina web da Torre, aínda que a venda irase abrindo de hora en hora.

17 de abril de 2026

13 de marzo de 2026

12 de marzo de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible