Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de febreiro de 2026

As Xornadas JK-Eduka de Judo reuniron máis de 800 escolares no Pazo dos Deportes de Riazor

A fin de semana deportiva completouse coa celebración no Coliseum da XX Copa Cidade da Coruña de Taekwondo

O Pazo dos Deportes de Riazor acolleu este domingo as 5ª Xornadas JK-Eduka de Judo, un evento que reuniu a máis de 800 nenos e nenas en idade escolar procedentes de 20 centros da cidade e da contorna, nunha xornada centrada nos valores educativos do deporte, a convivencia e a inclusión.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, participaron no acto institucional e na entrega de medallas, nun ambiente festivo no que deporte e educación foron da man.

Durante a súa intervención, a alcaldesa destacou que "estas xornadas son un exemplo de como o deporte educa en valores e crea comunidade dende a infancia". Inés Rey tamén puxo en valor o papel do profesorado e das familias: "Aquí non só se aprende a caer e a levantarse, apréndese a compartir, a respectar, a celebrar o esforzo dos demais. E iso é o que fai cidade".

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, subliñou que "A Coruña é hoxe un referente no deporte base grazas a iniciativas como esta, que combinan aprendizaxe e inclusión". O edil tamén sinalou que "o apoio do Concello ao deporte en idade escolar é firme, porque sabemos que estamos a sementar cidadanía e futuro".

As Xornadas, organizadas polo club JK-Eduka Judo, contaron coa participación de 24 mestres e mestras, que imparten actividade deportiva ao longo do curso en centros da cidade e da comarca. O formato do evento garante a participación igualitaria de nenos e nenas, así como de rapaces con discapacidade, promovendo un modelo de xogo educativo, integrador e accesible.

A fin de semana deportiva completouse coa celebración no Coliseum da XX Copa Cidade da Coruña de Taekwondo, que reuniu a máis de 700 deportistas de toda España e Portugal. Durante a proba, que é puntuable para o ránking nacional, fíxose entrega do Premio Cidade da Coruña de Taekwondo, recoñecemento á traxectoria e valores no ámbito desta disciplina.

Durante a mañá tamén asistiron representantes dos centros escolares e das ANPAs, así como concelleiros e concelleiras de deportes de diferentes municipios da contorna, que puxeron en valor a colaboración institucional e o impulso ao deporte formativo.

O Goberno municipal reafirma así o seu compromiso co deporte base e co apoio a iniciativas que contribúan a educar a través da actividade física, apostando por espazos de inclusión, respecto e igualdade para toda a infancia coruñesa.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión