Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de agosto de 2023

Campacoles e Summer Talk, ata pronto!

Ambas as actividades de verán organizadas pola Federación Provincial de Anpa, coa colaboración do Servizo Municipal de Educación, finalizaron o mes pasado

Os campacoles, desenvolvidos en 8 centros educativos da cidade, deron cobertura a 1737 escolares repartidos en 5 quendas semanais desde o 26 de xuño ata o 28 de xullo.

Con temáticas tan diversas como os xogos do mundo, o mundo dos superheroes, a maxia, a astronomía e un concurso de talentos, os nenos puideron demostrar nunha primeira sesión o que sabían sobre cada unha destas temáticas. A partir dese momento iníciase un proceso de investigación e aprendizaxe a través do xogo para ampliar os coñecementos das mesmas e finalmente mostrar o aprendido nunha xornada final co resto de compañeiros do campacole.

Todas estas temáticas foron adaptáronse ás idades dos participantes que oscilaron entre os 3 e os 12 anos.

Pola súa banda, o programa Summer Talk levouse a cabo en tres sedes: os CEIP San Francisco Javier, San Pedro de Visma e o IES Ramón Menéndez Pidal. Os participantes organizáronse en cinco quendas semanais cun total de 164 participantes distribuídos en 12 grupos. Isto supuxo un incremento dun 50% en canto a grupos, e dun 90% en canto a participantes en relación á edición de xullo de 2022.

Traballáronse temáticas comúns para Educación Primaria a través de xogos, e outras específicas no caso de Educación Secundaria mediante conversacións e debates.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión