27 de abril de 2023
O Ágora acollerá de 10.00 a 13.00 a fase de zona desta actividade orientada a fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das matemáticas.
O Servizo Municipal de Educación colabora nesta actividade desenvolvida pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral e do proceso de ensino-aprendizaxe das matemáticas en particular.
Trátase dunha proposta centrada na resolución de problemas, que tenta fomentar o espírito cooperativo traballando en grupo, de aí a súa estrutura. Os retos matemáticos a desenvolver serán variados, de maneira que motiven o alumnado participante. Trátase de nenos e nenas de 6º de primaria dos centros educativos inscritos.
A proba deste venres, que será a mesma e simultánea para todas as zonas, consistirá na resolución de seis problemas por parte dos tres membros de cada equipo traballando conxuntamente, de maneira cooperativa. Na valoración das respostas primará o método de resolución empregado, a súa orixinalidade, as estratexias utilizadas, os procedementos de representación, a expresión escrita do proceso sucesivo, o emprego correcto de unidades etc., por riba da mera solución.
Os resultados publicaranse na web o día 9 de maio.
Por outra banda, a fase final terá lugar o 26 de maio, venres, ás 10.30 h, na Facultade de Educación.
O Xurado da Fase Final encargarase da valoración das probas e decidirá os equipos gañadores.
Os tres alumnos/as do grupo que queden mellor clasificado no Rebumbio Matemático representarán a Galicia na V Olimpíada Matemática Nacional Alevín, que terá lugar en Canarias, no mes de xuño.

19 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible