25 de abril de 2022
Será inaugurada pola alcaldesa, Inés Rey García, no acto que terá lugar no vestíbulo de Proa de PALEXCO das 10.30 ás 20.00 horas, tamén acudirá Jesús Javier Celemín Sánchez, concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego
Centenares de escolares de toda Galicia participarán este sábado 30 de abril na XV Feira Matemática 2022, organizada pola Asociación do Profesorado de Educación Matemática de Galicia en colaboración co Concello da Coruña.
Esta décimo quinta edición será inaugurada pola alcaldesa, Inés Rey García, no acto que terá lugar no vestíbulo de Proa de PALEXCO das 10.30 ás 20.00 horas, tamén acudirá Jesús Javier Celemín Sánchez, concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego.
XV Feira Matemática
A Feira Matemática, unha xornada pensada para a divulgación desta ciencia, está dedicadca a todas as etapas educativas.
Cada centro, profesor e o grupo de alumnado poden expoñer unha ou máis propostas didácticas ou actividades matemáticas.
O lema deste ano para o Día Escolar das Matemáticas é "As matemáticas nos camiños de Santiago".
Para máis información: www.agapema.org
Documentos relacionados

19 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible