14 de novembro de 2007
Un cheiro "raro" alaga a cidade a noite do día 13.
O martes 13 pola noite a cidade cheira raro. O quecemento do carbón aloxado no interior da Medusa (planta de transferencia de carbón), provoca que saia fume do seu interior e crea unha nube apestosa na zona do Porto da Coruña. Ao día seguinte pola mañá, esa nube vese desde diversas zonas da cidade.
O dispositivo da empresa non é suficiente, polo que o día 14 ponse en marcha a segunda fase do dispositivo, na que a Autoridade do Porto faise cargo das operacións. Aquí comeza o labor dos bombeiros da Coruña. A intervención é clave para controlar as combustións. O fume que sae do recinto contén principalmente monóxido de carbono e dióxido de xofre. Para controlar as combustións utilízanse todo tipo de materiais, e é imprescindible a cámara térmica, así como persoal perfectamente situado e con todas as medidas de seguridade. Segundo a empresa, había 70.000 toneladas no interior da planta. O dispositivo finaliza ao mediodía do luns 19.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible