Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de maio de 2014

Comunicado Goberno municipal 2 de maio de 2014 ante unha morte por violencia de xénero na cidade

O Goberno municipal manifesta a súa repulsa ante o recente caso de violencia de xénero na cidade, que terminou coa vida de María Belén Expósito Vázquez, cuarta muller asasinada en Galicia no ano 2014 por persoas coas que as vítimas tiveron nalgún momento vínculos de parella.

A violencia de xénero, baseada na situación de dominación por parte dos maltratadores, supón unha secuela que ten que ser erradicada co concurso de toda a sociedade.

É esta mesma sociedade a que ten que traballar coordinadamente para que as novas xeracións herden unha contorna libre de toda forma de violencia e, en particular, desta covarde e execrable sangría das nosas concidadás.

Ante calquera feito relacionado coa violencia de xénero, as vítimas teñen á súa disposición o teléfono gratuíto 016, que non deixa pegada na factura telefónica.

Se vostede quere coñecer todos os recursos e prestacións deste Concello en materia de igualdade e loita contra a violencia de xénero, pode atopalos na información relacionada a continuación.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión