1 de marzo de 2018
O Concello vai confeccionar un calendario de competicións e de eventos deportivos que se vaian celebrar durante o ano 2018, co obxecto de realizar unha previsión e difusión axeitada da actividade deportiva na cidade así como a planificación de diferentes liñas de colaboración cos promotores das mesmas.
Ábrese unha convocatoria para solicitar a inclusión no calendario municipal de probas ou eventos deportivos que se celebrarán durante o ano 2018 na nosa cidade e para planificar deste modo a dispoñibilidade de espazos, tanto nas instalacións deportivas municipais, como nos espazos abertos da cidade.
A convocatoria está dirixida a asociacións, clubs, federacións e fundacións e demais entidades deportivas sen ánimo de lucro, legalmente constituídas como tales e inscritas no rexistro correspondente.
Presentación de solicitudes:
As solicitudes poderán presentarse en liña na sede electrónica municipal, e nos rexistros municipais da Cidade Deportiva da Torre, do Polideportivo do Barrio das Flores e do Palacio dos Deportes de Riazor.
Información - Solicitude de uso puntual de instalacións
Documento - Solicitude de uso puntual de instalacións
O prazo para presentar solicitudes rematará as 14:00 horas do 15 de marzo de 2018.
A proposta do calendario, o prazo de emenda e a resolución de aprobación do mesmo serán publicados na web, nos taboleiros de anuncios dos centros deportivos e no teléfono de atención cidadá 010.
Texto da convocatoria (Pode consultalo descargando o documento adxunto ao pe da noticia)

11 de decembro de 2025

5 de decembro de 2025

3 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible