4 de outubro de 2016
Xulio Ferreiro demanda, con Pedro Santisteve, manter unha xuntanza coas empresas “para tratar de restablecer vías de diálogo e negociación, así como plantexar outros camiños que non pasen por despedimentos masivos, que en ambas cidades afectarían a máis de 300 persoas de xeito directo”
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, vén de solicitar manter unha reunión con representantes das empresas Extel e Movistart de cara a recibir "información de primeira man" sobre o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que a primeira puxo en marcha en varios dos centros de traballo quen ten no Estado español. No da Coruña, as intencións da firma, filial de Adecco, pasan por botar á rúa a 205 persoas. O rexedor coruñés indicou que é preciso "buscar outras solucións para manter a produtividade da empresa que non pasen por laminar e mandar ao paro a máis de dous centos de veciños e veciñas desta cidade". Ferreiro fixo esta solucitude de forma conxunta co seu homólogo en Zaragoza, Pedro Santisteve, xa que a empresas de telemárketing tamén propuxo o despedimento de 104 persoas no seu municipio.
"De acordo coas declaracións realizadas polos responsables de Extel, o despido colectivo lévase a cabo por razóns produtivas e organizativas, porque o seu principal cliente, Movistar, anunciou que a partir de outubro reducirá a carga de traballo dun dos servizos que ten contratados. Ante a alarma social xerada nas nosas cidades e a gravidade que en termos de emprego esta situación pode xerar, solicitamos manter de xeito urxente unha reunión conxunta na que poidamos abordar o asunto", reza a misiva enviada polos dous rexedores.
"Cremos que é de recibo que as empresas se reúnan cos alcaldes das dúas cidades máis afectadas por este expediente de emprego. Non só queremos amosar o noso apoio aos e ás traballadoras, senón que o que tamén queremos é levar a cabo unha labor de mediación", explicou o primeiro edil coruñés.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible