Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de novembro de 2025

O Concello da Coruña organiza o II Encontro de Emprendemento

O obxectivo do evento é poñer en valor o ecosistema emprendedor local.

O próximo 29 de novembro no Mercado de San Agustín, das 10.30 ás 19.00 horas levarase a cabo o II Encontro de Emprendemento, co fin de poñer en valor o ecosistema emprendedor local.

O programa da xornada é o seguinte:

  • 10:30 a 11:00 h - Acceso ao recinto e ás casetas e entrega de acreditacións (entidades e proxectos emprendedores participantes). Benvida informal.
  • 11:00 a 11:30 h - Acto de apertura institucional. Presentación a cargo de Ainhoa Mallo.
  • 11:00 a 19:00 h - Exposición de proxectos "Rúa Emprende" aberta ao público. Contactos coas entidades colaboradoras e cos proxectos emprendedores participantes.
  • 11:30 a 13:00 h - 1.ª sesión "asesoramentos express" sobre financiamento e finanzas éticas a cargo de Helena Sanmamede Maneiro (require inscrición previa).
  • 13:00 a 14:00 h - Charlas inspiradoras "Historias que inspiran". Presentación a cargo de Ainhoa Mallo.
    • Relatores/as:
      • María Fernández Castelo (La Agencia del Camino) - "De idea a realidade, o meu camiño emprendedor"
      • Álvaro Enríquez (DUACODE) - "Como fracasamos e aprendemos"
      • Raquel Maquieira (91 Grados) - "O que me gustaría saber antes de empezar"
      • Pablo Rodríguez (Risco Estudio) - "Innovar desde a artesanía"
  • 14:00 a 15:30 h - Xantar-networking. Pausa-xantar para fomentar as relacións entre as persoas que participan no encontro, en representación de entidades e de proxectos emprendedores (no espazo habilitado).
  • 15:30 a 16:30 h - Mesa redonda "Construíndo ecosistema" coa participación das entidades de apoio ao emprendemento.
  • 16:00 a 17:30 h - 2.ª sesión "asesoramentos express" sobre organización e empresa a cargo de Fernando Soto (require inscrición previa).
  • 17:30 a 18:30 h - Actividade de networking "Conecta e emprende". Bingo de habilidades conducido por Aida Cordeiro.
  • 18:30 a 19:00 h - Entrega de premios e cerre do II Encontro de emprendemento

Documentos:

Programa II Encontro de Emprendemento (165 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión