Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xuño de 2017

O Concello da Coruña reduce o pago de intereses e presenta a débeda viva máis baixa dende 2012

A concelleira de Facenda salienta ademais que “os préstamos que solicita o Goberno local son considerablemente menores aos pedidos polo anterior Executivo”. “Actualmente, e tras o refinanciamento impulsado en 2016, dedicamos ao pago de débeda seis millóns de euros menos ao ano entre amortización de débeda e pago de intereses que o que destinaba o Executivo anterior”, salienta

A concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, destacou hoxe "a boa xestión económica do Goberno local, que se ve referendada en distintos indicadores", como é o feito de que o Concello, e segundo os datos da Intervención Xeral do Concello, pechou o pasado ano cunha débeda viva nominal de 73 millóns de euros, a máis baixa rexistrada dende o exercicio 2012. "Os préstamos para financiamento de investimentos tramitados polo actual Goberno local son considerablemente máis baixos que os que se viñan pedindo no anterior mandato municipal", comentou a edil, que recordou que o actual Executivo solicitou 9,3 millóns de euros en 2016 e 8,6 millóns este 2017, fronte aos máis de 12 millóns de euros de investimento con préstamos que adoitaba demandar o anterior Goberno local. "Prevemos ademais que esta tendencia seguirá á baixa, grazas en primeiro lugar ao refinanciamento da débeda antiga e debido ás amortizacións anticipadas que prevemos realizar este ano, destacando a cancelación do préstamo ligado ao Plan de Axuste que solicitou o anterior Executivo en 2012", comentou Vieito.

Aforro orzamentario

"A peche de 2015 este Concello recoñeceu obrigas por valor de algo máis de 16 millóns de euros entre fondos que se adicaron a amortización de capital (devolución de préstamos) e pago de intereses. Esta cantidade viña dada polo elevado nivel de endebedamento que herdamos do anterior Goberno local", destacou Vieito, que contrapuxo, non obstante, aos datos actuais. "Pero fronte a esas cifras, hai que destacar que en 2016, tras o refinanciamento da débeda que aplicamos e logo da minoración dos importes de préstamos solicitados, o gasto total vinculado a débeda foi de 9,7 millóns", fixo notar.

En concreto, en 2016, o Concello pagou intereses por valor de 382.492 euros, fronte aos 2,6 millóns de euros que se aboaron en 2014, último ano completo do anterior Executivo municipal. Tamén adicou 9,3 millóns de euros a amortizacións de débeda, fronte aos 11,69 millóns de 2014. "En conxunto, podemos dicir que cada ano dedicamos ao 'servizo da débeda' 6 millóns de euros menos do que se gastaba no pasado. Temos por tanto un aforro orzamentario de seis millóns de euros que pode ser destinada ao outros gastos e á implementación de políticas deseñadas para axudar a mellorar a vida dos e das veciñas da Coruña", comentou a concelleira.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión