29 de abril de 2016
As liñas de autobús 1, 1A, 2, 2A, 3, 3A, 5, 7, 17, 21, 22, 23 e 23A modificarán os seus itinerarios habituais nos tramos de circulación que polos que transcorrerán as marchas
A Concellería de Mobilidade Sostible vén de anunciar que o Concello porá en marcha un dispositivo especial de tráfico este domingo, día 1 de maio, co gallo da celebración de tres manifestacións autorizadas polo Día das e dos traballadores. As marchas reivindicativas, que comezarán ás 12.00 horas e teñen previsto finalizar ás 14.00 horas, afectarán a distintas rúas do centro da Coruña, que provocarán cortes de tráfico coordinados co percorrido das mesmas e cambios no sentido da circulación para facilitar o tránsito á entrada e saída da cidade, así como modificacións no percorrido habitual das liñas de transporte público urbano.
A primeira das manifestacións sairá da praza da Palloza e percorrerá Primo de Rivera e Linares Rivas ata a Praza de Ourense, onde se sitúa a Delegación do Goberno. No momento no que se inicie a marcha, as liñas de autobús 1, 1A, 2, 2A, 5, 17, 21 22, 23, 23A e 24 desviaranse nun percorrido alternativo desde Cuatro Caminos por Castiñeiras, Federico Tapia, Praza de Pontevedra -onde as liñas 21 e 24 incorporaranse ao seu itinerario habitual- San Andrés, Paseo Marítimo, Hospital e Praza de España, onde as liñas 5 e 7 continuarán por Orillamar, mentres que as liñas 1, 1A, 2, 2A, 23 e 23A , continuarán ata a Praza das Atochas, Veramar e o Paseo Marítimo cara o hospital Abente y Lago, onde recuperarán o seu percorrido.
A segunda das marchas reivindicartivas partirá da Praza de Vigo cara a Subdelegación do Goberno, polo que percorrerá Marcial del Adalid, Linares Rivas, Praza de Mina e os Cantóns. No momento no que se inicie a manifestación, os autobuses das liñas que circulen por Federico Tapia agardarán ata que quede libre o cruzamento da Praza de Vigo para continuar cara a Praza de Pontevedra. No seu regreso desde Abente y Lago ou Maestranza, as liñas 1, 1A, 2, 2A, 3A, 17, 23 e 23A circularán por Porta Real, desviánsode en Ambrosio Feijoo cara a avenida do Porto e Entrejardines, para despois recuperar o seu percorrido habitual no Cantón Pequeno e a Praza de Mina.
Finalmente, a terceira manifestación comezará tamén ás 12.00 horas na Praza de Portugal, e continuará por avenida de Bos Aires, Rubine, Praza de Pontevedra, San Andrés, Nova, Real, San Nicolás e Panaderas, para rematar no Campo da Leña. As liñas de autobús 3, 3A e 7 modificarán o seu itinerario habitual ao comezo da marcha, na Praza de Portugal, e cicularán por Alfredo Vicenti no lugar de Rubine para chegar á Praza de Pontevedra. O resto do servizo das liñas 3 e 7 tamén verán afectado o percorrido no tramo desde San Andrés ata rúa Alta, no que agardarán ata que este tramo quede liberado da manifestación para continuar coa súa marcha.
Para manter o tráfico de saída da cidade desde a avenida da Mariña, cambiarase o sentido de circulación na zona de Entrejardines. Deste xeito, o novo itinerario será Avda. Montoto, Ambrosio Feijoo, avenida do Porto, Entrejardines, Cantón Pequeño e Praza de Mina. En todo momento, quedará libre a calzada na dirección saída da cidade na Praza de Ourense.

12 de decembro de 2025

11 de decembro de 2025

10 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible