18 de xullo de 2015
Durante o primeiro mes do servizo rexistráronse 397 incidencias nas praias da cidade, das que 24 foron rescates
As boas temperaturas do verán na Coruña traducíronse nun aumento de afluencia de usuarios ás praias da cidade e tamén nun maior número de incidencias rexistradas polos efectivos de seguridade no seu primeiro mes de servizo con respecto ao mesmo período do 2014. O Concello prega á cidadanía maior precaución, xa que só en 30 días contabilizáronse 24 rescates, 22 máis que no ano pasado nas mesmas datas.
Segundo os datos que manexa o Concello, desde o 15 de xuño rexistráronse 397 incidencias nas praias de Riazor, Orzán, As Lapas, San Amaro e Oza. No primeiro mes de servizo do pasado ano, a suma foi máis reducida: 265. Case unha cuarta parte das incidencias son cortes (97), porén, as incidencias que máis aumentaron foron as referidas abrasións non solares (91 este ano, 38 no 2014), danos oculares (15 este ano, 4 no 2014), así como picadas con obxectos punzantes (29), picaduras de insectos (20) e mareos (10). Tamén aumentou o número de rescates, sendo 24 este ano, cando no mesmo período de 2014 sumaron 2 en total. Oza foi o areal que rexistrou maior número de incidencias (125), seguido de Riazor (93), Orzán (91), San Amaro (56) e Lapas (32).
Non obstante, e a pesar da petición á veciñanza para que aumente a precaución durante este verán, o Concello recorda que, na actualidade, hai cerca de sesenta profesionais do servizo de salvamento e socorrismo que velan pola seguridade das persoas que se achegan até as praias.
No dispositivo empregado polo Concello atópanse socorristas, diplomados en enfermería, médicos, coordinadores de todo o operativo e responsables de loxística.

20 de decembro de 2025

16 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible