Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de outubro de 2015

O Concello reforzará os servizos de transporte urbano na contorna dos cemiterios durante esta fin de semana

Entre o 31 de outubro e o 2 de novembro darase maior cobertura ás comunicacións con San Pedro de Visma, Santo Amaro, Oza e San Cristovo das Viñas

O Concello da Coruña solicitou á Compañía de Tranvías o reforzo dos servizos do autobús urbano na contorna dos cemiterios municipais de cara a esta fin de semana, ao coincidir coa festividade de Todos os Santos e de Defuntos.

En concreto, durante os días 31 de outubro e o 1 e 2 de novembro, reforzaranse as liñas 23 e 23A con dous autobuses. Desta forma, a frecuencia combinada de ambas as liñas será de 15 minutos.
Durante o 1 de novembro reforzaranse tamén as liñas 3 e 3A, dando servizo ao cemiterio de San Pedro de Visma e ao de Santo Amaro, cunha frecuencia combinada de 15 minutos. O espazo de San Pedro tamén contará co servizo das liñas 12 e 14. Así mesmo, a liña 11 cun percorrido transversal da cidade e con transbordo a todas e cada unha das demais liñas, reforzarase con dous autobuses adicionais ao longo de toda a xornada, dando servicio a Santo Amaro cada 17 minutos.

As restantes zonas da cidade quedarán comunicadas co cemiterio de Santo Amaro a través das liñas 4,5,6, 6A, 7 e 17.

O cemiterio de Oza (no Castrillón) tamén quedará comunicado pola liñas 1, 12A E 14. Aproveitando o novo viario de acceso, o cemiterio de San Cristovo das Viñas recibirá o servizo das liñas 5, 12A e 22, desde as novas paradas situadas á altura do Aparcadoiro Disuasorio de Lonzas.


Ofrenda Floral

Por outro lado, está previsto que este domingo, 1 de novembro, o Goberno e a Corporación Municipal acudan ao cemiterio de San Amaro para realizar unha ofrenda floral na que se homenaxeará, entre outros, ao poeta Manuel Curros Enríquez e a Alfredo Suárez Ferrín, quen foi alcalde da cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión