17 de xuño de 2026
O Concello destinará 357.000 euros ás melloras previstas na rúa, que gañará espazos peonís e máis arboredo
Este mércores, a Xunta de Goberno Local aprobou a licitación das obras de humanización da rúa Ramón de la Sagra, que reforza as accións do Plan de barrios 2025-27 nesta parte do Ensanche, onde o Concello investirá 357.000 euros.
O obxectivo, tal e como explicou a alcaldesa, Inés Rey, é actuar no conxunto da rúa para mellorar a súa accesibilidade peonil e gañar espazos públicos que permitan reverdecer o percorrido con novas árbores. Isto será posible grazas ao actual ancho da calzada, que facilitará a ampliación das beirarrúas sen que isto teña impacto na circulación do tráfico nin no estacionamento.
As obras tamén permitirán unificar a imaxe do percorrido peonil que conecta coa contorna de Alfonso Molina, onde está en execución a renovación das beirarrúas entre Fernández Latorre e José Cornide.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible