19 de xullo de 2016
“Non se pode castigar aos concellos nin á cidadanía que está a facer un esforzo de cara a reciclaxe dos envases”, comenta a concelleira de Medio Ambiente, María García, que destaca os grandes ratios de reciclaxe da poboación coruñesa
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mantivo este martes unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, á que tamén acudiu a titular deste departamento do Goberno local, María García. Na xuntanza, que se desenvolveu nun clima cordial, os representantes do Concello coruñés solicitaron á Administración autonómica que o convenio que firme coa entidade Ecoembes "sexa incentivador para todas as partes implicadas --traballadores, plantas, cidadanía e concellos-- e asegure tanto unha maior reciclaxe de envases, como uns ingresos acordos aos esforzos realizados por cada administración".
Ecoembes é unha entidade sen ánimo de lucro da que forman parte productores de envases que se responsabilizan de pagar pola recuperación e a reciclaxe dos envases que poñen no mercado. Para que isto sexa posible, ás administracións locais vense na obriga de garantir sistema de recollida e xestión que permiran recuperar eses materiais con diferentes modelos. "Acudimos á esta reunión xa que no novo convenio que se negocia entre Xunta e Ecoembes plantexouse una redución de pago dun 15% no prezo por tonelada dos envases que se recuperan na planta de Nostián, o que repercutiría directamente nos ingresos que perciben e se reparten pola recuperación destes envases os concellos da Coruña, así como os do Consorcio das Mariñas, así como a propia planta e polo tanto, o seu cadro de persoal", expuxo a concelleira García. "A redución do prezo non pode afectar ás administracións e, por tanto, á cidadanía que está a facer esforzos de cara a reciclaxe dos envases", sinalou a titular de Medio Ambiente. A Coruña se sitúa de feito en 46,7 quilos por habitante e ano, máis do doble que a media galega, e moi por diante da media do conxunto do Estado, que está en 28 quilos.

27 de outubro de 2025

21 de outubro de 2025

6 de outubro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible