Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de decembro de 2015

O Concurso de Escaparatismo de Nadal escollerá o establecemento gañador por votación popular entre cinco finalistas

Desde hoxe e até o día 30 a veciñanza pode votar o seu escaparate preferido a través da web www.concursoescaparatismo.com

A Concellería de Emprego e Economía Social vén de anunciar que o Concurso de Escaparatismo Nadal 2015 para o comercio local xa os ten establecementos finalistas. O xurado, formado unha persoa do equipo técnico do Concello e dúas en representanción da empresa Premium Escaparatismo, seleccionou cinco escaparates para a fase final entre os 77 participantes nesta edición. Agora será a veciñanza a que escolla o gañador a través da votación popular na páxina web www.concursoescaparatismo.com, onde poderá consultar os escaparates desta convocatoria. Entre todas as persoas que envíen o seu voto entre hoxe, mércores 16, e o día 30 de decembro, sortearase un vale de compra de 300 euros que poderá ser empregado en calquera dos comercios participantes.

Os establecementos finalistas do concurso recibirán un premio de 1.000 euros e as asociacións de comerciantes ás que pertencen 500 euros. Os cinco comercios son os seguintes: Amador Motor (Asociación Empresarios 15002); Floristería Fina (Agrupación de Veciños e Comerciantes de Monte Alto); Jerry, the Candyman (Área Comercial Obelisco); Trés Jolie Boutique (Área Comercial Obelisco) e Bella con B (Asociación de Comerciantes Área Comercial As Conchiñas).

Na primeira metade do mes de xaneiro darase a coñecer o establecemento gañador do Concurso de Escaparatismo de Nadal, que recibirá 2.000 euros como premio.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión