Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de marzo de 2026

O Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC) elabora un manifesto con motivo da celebración do 8M

Nos próximos días, e como parte da programación do 8M, as nenas e nenos que forman parte do CLIAC procederán á lectura do manifesto.

O Concello da Coruña presentou, o pasado luns 2 de marzo, a programación municipal con motivo do 8M, Día Internacional das Mulleres, que se desenvolverá ao longo de todo o mes de marzo baixo o lema "Mulleres reais liderando o cambio".

Como parte da programación, as e os representantes do Consello Local da Infancia da Coruña (CLIAC) redactaron un manifesto no que avogan por un "futuro no que a igualdade sexa real e no que todas as persoas poidan vivir con liberdade e respecto".

O manifesto está publicado para a súa consulta na sección "Documentos relacionados" da páxina do programa ( Consello Local da Infancia da Coruña 2025-26 ). Nos próximos días, e como parte da programación do 8M, as nenas e nenos que forman parte do CLIAC procederán á lectura do manifesto, publicándose tamén o vídeo da lectura na propia páxina do programa.

Consello Local da Infancia

O Consello Local da Infancia e Adolescencia da Coruña (CLIAC) está promovido polo Concello, a través do Servizo Municipal de Educación, co obxectivo de construír un órgano representativo onde nenos e nenas de toda a cidade sexan os/as representantes da infancia e trasladen ao Concello as necesidades, propostas e suxestións ao redor das cuestións que lles afectan no día a día, exercendo así o seu dereito á participación e levando á práctica o traballo de cidadanía participativa.

Documentos relacionados

  • Manifesto elaborado polo CLIAC con motivo do 8M do ano 2026 (60 KB)
  • Programación 8M 2026 (5 MB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión