11 de agosto de 2015
O Executivo municipal invita aos dous grupos a senllas reunións a partir deste mércores, en base ao anunciado polo alcalde, Xulio Ferreiro, trala celebración do pasado Pleno extraordinario
O Goberno local, de acordo co anunciado polo propio alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, a pasada semana tras celebrarse o Pleno extraordinario, acaba de convocar aos grupos municipais de PSOE e BNG a senllas reunións a partir deste mércores para debater o modificativo de crédito necesario para facer fronte ás facturas pendentes do Concello, derivadas da xestión do PP de Carlos Negreira.
Dende o grupo de Goberno solicítase a ambas formacións “retomar tan axiña como sexa posible as conversas arredor do modificativo de crédito”, que foi rexeitado no pasado Pleno cos votos negativos de PP e Bloque.
Do mesmo xeito que xa se fixo a semana pasada, o Goberno da Coruña solicita aos partidos “que faciliten por escrito as súas propostas detalladas sobre altas e baixas no modificativo de crédito, tomando como punto de partida o documento rexeitado polo Pleno”. A intención do Executivo municipal é, desta forma, “poder estudar e analizar” os cambios no modificativo que propoñen estas formacións para acadar un acordo “e a súa posterior tramitación”.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible