Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xuño de 2018

O goberno local dá luz verde ás obras de renovación do firme dos Rosales, “actuación de grande impacto no espazo público que solventa desigualdades históricas”

O concelleiro de Rexeneración Urbana salienta que se trata “dunha intervención integral que non só comprende a mellora da pavimentación e asfaltado, senón que tamén mellora a accesibilidade, coa renovación dos pasos de peóns e sinalización horizontal”

A Xunta de Goberno Local dará este venres luz verde á adxudicación das obras de renovación do firme no polígono dos Rosales, que teñen un orzamento de 776.424 euros e un período máximo de execución de cinco meses. O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, salienta que se trata dunha actuación que terá "un grande impacto no espazo público da cidade e que solventará desigualdades históricas entre barrios". "Esta intervención terá un carácter integral, será visible en todo o barrio e, ademais, non se limitará unicamente á renovación de pavimento e asfaltado, senón que tamén se centrará na mellora dos pasos de peóns e da sinalización horizontal, o que servirá para mellorar a accesibilidade e seguridade no barrio", dixo. O responsable municipal recordou que esta obra forma parte do paquete de medidas comprendidas nos investimentos financeiramente sostibles aprobados a finais do ano pasado en Pleno con cargo ao remanente líquido de tesourería de 2016. "Este ano, ademais desta obra, historicamente demandada, tamén levaremos a cabo, entre outras actuacións, a mellora e modernización da iluminación pública tanto neste ámbito, como en Labañou, San Roque de Fóra e Cidade Escolar, ademais de nun tramo da Rolda de Outeiro, onde xa estamos levando a cabo un importante proxecto de renovación da calzada que tamén está ligado a estes fondos, ademais de, por exemplo, a colocación de bocas de rego en toda a cidade, a instalación de luminarias de alta eficiencia na Grela-Bens ou a ampliación da iluminación en Matogrande", recordou, para facer fincapé na importancia de que este ano o Pleno municipal tamén posibilite a aprobación de novos investimentos sostidos, neste caso, co remanente de 2017.

O titular de Rexeneración Urbana quixo tamén salientar a dilixencia coa que se tramitou a adxudicación da obra, tendo en conta que foi a finais de decembro cando a Xunta de goberno local aprobou a contratación deste gasto. Ao fío, o concelleiro subliñou que, "se ben estas obras tiñan un orzamento de licitación de 1,15 millóns de euros, o prezo de adxudicación rebaixouse en base ás propostas ofertadas".

Intervención

A actuación nos Rosales consiste na renovación dos firmes de calzada nas rúas Manuel Azaña, Castelao e Simón Bolívar, así como a calzada correspondente á beira dos números pares de Emilio González López (e as sete zonas de estacionamento que conectan con Bolívar). Só a renovación destes ámbitos suma case 50.000 metros cadrados de calzada.

Esta intervención compleméntase, ademais, co repintado de toda a sinalización horizontal (paradas de autobús, límites de estacionamento, liñas de calzada, pasos de peóns) dos citados espazos, ademais de na rúa Alcalde Suárez Ferrín, e na zona impar de Emilio González López. Esta obra renovará a práctica totalidade dos cruces dos pasos de peóns do barrio.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión