Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de agosto de 2017

O goberno local realizou nun ano máis dunha trintena de actuacións de mellora e reposición de canastras deportivas en zonas públicas

Este verán colocáronse dúas novas estruturas deportivas en Durmideiras e Paseo das Pontes. O concelleiro de Deportes, José Manuel Sande, salientou que as obras de reposición e mellora continuarán “dentro do ambicioso plan de renovación de equipamentos deportivos de rúa”

No último ano, o goberno local, a través da área municipal de Deportes, abordou a renovación, mellora e colocación de máis dunha trintena de canastras deportivas en zonas públicas da cidade non propiamente deportivas, senón de rúa. O concelleiro do ramo, José Manuel Sande, salientou que as actuacións nesta liña entroncan co ambicioso Plan de Renovación de Equipamentos Deportivos de Rúa, que o seu departamento activou ao chegar á María Pita no verán de 2015. "Este goberno non só levou e está a levar a cabo unha importante mellora nas instalacións deportivas da cidade de carácter máis profesionais, senón que tamén aposta polas intervencións en vía pública, xa que o deporte, como vemos, tamén se vive na rúa, un lugar absolutamente democratizador e igualitario", comentou o edil. En concreto, e dentro das últimas actuacións abordadas destaca a renovación da canastra situada en Durmideiras e a colocación doutra no parque do Paseo das Pontes. No primeiro caso, realizouse unha reparación en profundidade, mentres que no segundo a instalación viu motivada polo desexo de agrupar nunha mesma zona do espazo público as estruturas relacionadas co ocio e a práctica deportiva.

Por outro lado, a inicios do verán pasado leváronse a cabo actuacións en 28 canastras situadas en espazos públicos non deportivos da cidade. Estas actuacións, na maioría dos casos constaron de pintado, reparación de aros, substitución de redes, revisión de ancoraxes, etc. Posteriomente, no mes de novembro, volvéronse a levar a cabo distintas intervencións de mantemento, debido ao elevado uso que teñen estas infraestruturas. Tamén se procedeu á instalación dunha nova canastra, neste caso, no Parque de Oza e en base a unha petición cidadá, así como outra na Falperra.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión