16 de febreiro de 2016
A concelleira de Medio Ambiente, María García, participou hoxe nunha nova reunión dos concellos e entidades integrantes, na que se acordaron os principais puntos a incluír nese texto, que será presentado de forma pública o vindeiro 1 de marzo
A concelleira de Medio Ambiente, María García, participou na mañá deste martes nunha nova xuntanza dos concellos e entidades que se engloban na denominada ‘Mesa da Ría do Burgo’, unha reunión na que se acordou que sexa o Concello da Coruña o que se encargue da redacción do documento de alegacións conxuntas que esta entidade presentará ao proxecto de dragado promovido polo Goberno central. O texto, que como indica a responsable municipal ten un carácter “máis simbólico que técnico”, vén completar as alegacións que cada un dos membros da Mesa presentou ante o Ministerio de Medio Ambiente dentro dos prazos legais establecidos, e reunirá os “puntos fundamentais de consenso” en canto a obxeccións e achegas ao proxecto estatal, do que as partes integrantes esperan que sexa un proxecto de rexeneración ambiental e ecolóxica que serva para mellorar a calidade ambiental da ría, así como para protexer o marisqueo e para defender este espazo no seu uso social e como recurso didáctico.
Na xuntanza desta mañá, na que estiveron presentes representantes dos Concellos da Coruña, Cambre, Culleredo e Oleiros, e portavoces da Confraría de Pescadores

27 de novembro de 2025

26 de novembro de 2025

16 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible