Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de febreiro de 2016

O Goberno local solicita unha xuntanza co conselleiro de Sanidade ante a “preocupación” pola atención do Chuac nos abortos por causas médicas despois da semana 14 de xestación

O Concello considera necesario que as mulleres nesta situación “dispoñan tanto de persoal sanitario como de anestésicos, igual que se de un parto se tratase”

O Goberno local solicitou na mañá deste mércores unha xuntanza co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, ante a “preocupación” pola atención que reciben no Chuac as mulleres que teñen que ser sometidas a un aborto por causas médicas no segundo trimestre de xestación (máis de 14 semanas) por causas médicas, para as que desde o Concello se demanda que reciban “a mesma atención que cando se trata dun parto”, e ante a falta de medios denunciada nos últimos días. “Consideramos necesario que se doten os servizos para que esta situación, xa de por si tan traumática para as mulleres, non se produza e dispoñan tanto de persoal sanitario como de anestésicos (epidural), igual que se de un parto se tratase”, sinala a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, no documento remitido no día de hoxe ao departamento autonómico.

A petición súmase ás voces que se pronunciaron a este repecto na cidade –entre elas, a Plataforma Galega para o Dereito ao Aborto da Coruña–, en denuncia do incumprimento dos protocolos internacionais para estes casos no centro sanitario coruñés e para demandar que se garanta a atención integral e de calidade ás mulleres nesta situación, unha demanda coa que coincide o Goberno municipal.

Na solicitude de reunión trasladada á Xunta inclúense outros temas “de interese sanitario para o Concello” a abordar no encontro, como é a situación do COF do Ventorrillo, sen praza de xinecoloxía desde xaneiro de 2013, “algo que prexudica a todas as mulleres da área sanitaria da Coruña e conleva unha sobrecarga do COF de Orillamar, xestionado por convenio entre o Sergas e o Concello”, advirte a responsable municipal de Igualdade e Diversidade, que propón tamén a recuperación do programa de Tardes Xoves que se desenvolvía no COF de Orillamar. “Debido a súa desaparición percibiuse un descenso moi preocupante de consultas de mocidade, sendo estas as persoas que máis necesidade teñen de acceder a información sobre saúde afectivo-sexual”, recolle o documento dirixido ao conselleiro.  

 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión