Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de abril de 2015

O prazo para o pago voluntario do imposto de vehículos finaliza o 5 de maio

O Concello ampliou, por segundo ano consecutivo, o período para aboar este imposto municipal

O Concello da Coruña informa de que o prazo para o pago voluntario do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do 2015 permanece aberto ata o próximo 5 de maio, pois do mesmo xeito que o ano pasado se ampliou o tempo para aboar os recibos e, así, favorecerlle á idadanía o pago desta taxa municipal.

Este ano mantéñense as tarifas de anos anteriores, dentro da política municipal de conxelación de impostos e taxas iniciada ao comezo deste mandato. A maiores, existen bonificacións para aqueles comerciantes e empresarios que aposten polos vehículos de motor eléctrico ou que xeren cero emisións.

Dentro desta política municipal de conxelación de impostos e taxas, na ordenanza número 52, relativa ao imposto sobre vehículos de tracción mecánica, a bonificación para actividade comercial pode chegar ao 75%. As exencións fiscais tamén chegan a todos os vehículos con menor incidencia sobre o medio ambiente nas súas emisións de CO2, con bonificacións que poden acadar o 75%.

Para facilitar o seu pago, ademais de ampliar por segundo ano consecutivo o prazo de pago voluntario -iniciado o pasado 1 de marzo, manterase aberto ata o 5 de maio; anteriormente, finalizaba o 30 de abril-, o Goberno local establece para os propietarios dos vehículos a posibilidade de aboar os seus impostos a través de diferentes vías:

1. A Caixa Municipal, é dicir, nas oficinas da Área de Facenda, na rúa da Franja, 20-22, en horario de luns a venres (excepto festivos) de 08.00 a 14.00 horas. O pago poderase efectuar en metálico; a través de cheque a nome do Concello da Coruña, conformado ou certificado pola entidade bancaria; a través de multitarxeta de débito ou crédito; e no caixeiro automático para pagos de tributos.

2. En internet mediante a pasarela de pagos municipal: na páxina web do Concello -www.coruna.es-.

3. En bancos e caixas de aforro que colaboran coa administración municipal. En total, son 13 entidades financeiras: BBVA, Banco Caixa Geral, Banco Pastor, Banco Popular Español, Banco Sabadell Gallego, Banco Santander, Barclays Bank, Abanca, Catalunya Banc, Caja España, Bankia, CaixaBank (La Caixa) e Citibank. O pago a través das entidades colaboradoras pódese realizar a través de portelo, caixeiros automáticos, domiciliación bancaria ou pago telemático, é dicir, a través dos enlaces existentes na web municipal www.coruna.es ou con pasarelas de pago das entidades financeiras adheridas.

Os documentos de cobro foron enviados ao domicilio declarado por correo ordinario. En caso de non recibilo, o obrigado ao pago débese presentar nas oficinas municipais da rúa da Franja para obter un duplicado, xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pago, nin impide a utilización da vía de prema.

As persoas interesadas tamén poderán obter a documentación a través da páxina web do Concello -www.coruna.es-. Para máis información, pódese acudir ás oficinas do departamento municipal de Facenda ou realizar unha chamada gratuíta ao servizo de información 010 ou ao teléfono 981 18 42 00.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión