Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de febreiro de 2017

O temporal obriga a suspender a actividade deportiva desta tarde no estadio e o pavillón de Riazor, ante a previsión de ventos de máis de 100 quilómetros por hora

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento salienta que a decisión de adiar os encontros, que se adoptou tras unha valoración compartida dos servizos municipais co Deportivo e a Liga Profesional de Fútbol, responde a unha cuestión de "seguridade primordial ante as condicións moi adversas do tempo, de consecuencias impredecibles, e que están impedindo realizar os labores de mantemento"

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, deu conta esta mañá da decisión, adoptada polo Goberno local tras unha valoración compartida dos servizos municipais co Real Club Deportivo, a Liga Profesional de Fútbol e o resto de axentes implicados, de suspender a actividade fixada para esta tarde nas instalacións de Riazor, como son o estadio e o pavillón -onde ían ter lugar o partido do Deportivo co Betis, e o do Básquet Coruña co Barcelona B-, ademais do resto de espazos, á vista da previsión meteorolóxica para as vindeiras horas, con posibilidade de ventos de máis de cen quilómetros por hora.

Tal e como sinalou durante a súa comparecencia o responsable municipal, a Xunta mantén decretada a alerta laranxa -e vermella no mar- por ventos que no día de onte causaron "decenas de incidencias en toda a comarca, e que no propio estadio causaron danos como o levantamento de placas", e vén de suspender as actividades no exterior previstas para esta tarde nos centros educativos. "Con estas condicións meteorolóxicas, moi adversas, entendemos que suspender os encontros é unha cuestión de seguridade primordial. Resulta impredecible o que pode acontecer esta tarde co temporal, que trae consigo unha cuestión engadida, como é a imposibilidade de traballar no mantemento. Así as cousas, garantir que non haxa xente no estadio nin no resto das instalacións parecíanos fundamental, tendo en conta ademais a afluencia masiva a este tipo de eventos", sinalou. Neste sentido, o concelleiro puxo de relevo as "garantías de revisión e de supervisión constante" do estado das instalacións, así como o contrato de mantemento posto en marcha polo actual equipo de Goberno para as mesmas, que "non existía con anterioridade".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión