30 de maio de 2023
As festas do barrio céntranse na tradición musical galega durante as vindeiras catro fins de semana
O Concello, a través do IMCE, apoia unha nova edición de Foliagra, as festas do barrio da Agra do Orzán, que se desenvolverán entre o 2 e o 25 de xuño con actuacións musicais, ruadas e actividades para todos os públicos. O Concello colabora coa Asociación Veciñal Agra do Orzán na organización deste evento.
Foliagra ten como obxectivo promover a música e o baile galego a través de concertos, ruadas, cantos de taberna e actividades para os máis pequenos e pequenas. Un dos principais actos desta edición será a actuación da Banda Municipal de Música da Coruña e do grupo Tiruleque o domingo 25 de xuño no auditorio do Centro Sociocultural Ágora, como peche da programación. A Banda actuará ás 12.00 horas e Tiruleque ás 19.00 horas.
Foliagra implicará tamén aos centros educativos do barrio: CEIP Raquel Camacho e CEIP María Barbeito e Cerviño. Os venres e luns haberá xogos tradicionais con Eira Xandobeleira e espectáculos de maxia con Martín Camiña e Fani Triana.
Por outra banda, haberá a partir deste sábado e todas as fins de semana do mes de xuño ruadas de 12.00 a 14.30 horas que sairán da praza das Conchiñas, coa participación das agrupacións Herba Grileira, Orballo, Donaire, Santaia, Cántigas da Terra, Cántigas e Frores e Ancoradoira. Tamén haberá cantos de taberna este sábado 3 e o sábado 17 de xuño, de 20.00 a 23.00 horas. Na primeira xornada actuarán Tradivivas Agra, Vento Mareiro, Tombalobos, Raíñas ao lado de... e Cantareiros do Naval nos locais Adega Cacabelos, Cafetaría de Juanes, Adega A Grade, Cafetaría D'ylons e Cafetaría Coruña. A segunda xornada dos cantos de taberna contará coa presenza de Son d'aquí, Parabéns, Raíñas ao lado de..., Cantareiros do Naval e Birloque Gaiteiros, que actuarán na Cafetaría Perejil, Bar Vecino, Bar Órdenes, Bar O Meu Bar e Cafetaría Bendito Café.

22 de decembro de 2025

22 de decembro de 2025

20 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible