Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de setembro de 2019

Inés Rey aposta por unha comunicación fluída coas asociacións veciñais

A alcaldesa asistiu este mediodía a un xantar organizado pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CoGaVe)

A alcaldesa, Ines Rey, participou este mediodía nun xantar organizado pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais "Rosalía de Castro" (CoGaVe), que tivo lugar no restaurante Finisterrae La Torre, e na que a rexedora destacou que "un Goberno local non pode ir á marxe de asociacións como as que presidides e das que formades parte, que levan anos traballando para ser unha canle directa e achegar as queixas e parabéns da veciñanza". Rey sinalou que ningunha corporación debe deixar atrás as traxectorias destes colectivos que intermedian para lle garantir á cidadanía unha mellor calidade de vida e atender, segundo as demandas, os colectivos que máis o necesitan: "É a nosa responsabilidade darlles prioridade neste mandato ás mulleres que non están en igualdade de condicións, aos menores e ás familias, sen esquecer as mozas e os mozos e o colectivo inmigrante. Convivencia e respecto son a clave que fará de nós unha sociedade máis rica". A alcaldesa espera que o encontro de hoxe sexa o principio dunha comunicación fluída da que "os máximos beneficiarios sexades vós e nós, as veciñas e os veciños galegos".   

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión